Comeza a retirada dos parquímetros da Ora para avanzar no modelo de cidade accesible que impulsa Lara Méndez

A medida obedece á vontade da rexedora de eliminar barreiras facilitando a mobilidade peonil.

O incremento das zonas restrinxidas ao tráfico rodado e a creación dunha Zona de Baixas Emisións obriga a repensar a funcionalidade do anterior sistema.

Mércores, 29 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a retirada dos parquímetros da Ora para avanzar no modelo de cidade accesible que impulsa Lara Méndez

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisou hoxe o inicio dos traballos para retirar das rúas da cidade as máquinas do sistema Ora, actualmente en desuso.

Unha decisión que, segundo a propia rexedora “obedece aos cambios que está a experimentar a mobilidade urbana na capital, dentro da segunda gran transformación do municipio que iniciamos xa no anterior mandando e que responde a parámetros de sostibilidade”.

Lara Méndez lembrou que, xunto ás medidas adoptadas que redundan no incremento dos espazos restrinxidos ao tráfico rodado e na creación dunha Zonas de Baixas Emisións no Centro Histórico, “impulsamos outra serie de actuacións que inciden na disuasión do uso do vehículo particular fronte ao transporte colectivo e no fomento da utilización doutros medios como a bicicleta, para o que nos estamos dotando dunha senda ciclista de máis de 14 quilómetros de lonxitude e habilitando máis e mellores estacionamentos nos diferentes barrios da capital, todos eles, totalmente gratuítos”, subliñou a alcaldesa.

Así, Méndez enmarcou tamén a súa decisión na necesidade de seguir avanzando na eliminación de barreiras que dificulten a mobilidade peonil e de mellorar a estética do conxunto da cidade ao tempo que se evita un foco de confusión para visitantes que descoñecen que, actualmente, estas máquinas, ao redor dunhas 60, non se atopan operativas”, concluíu.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o inicio da retirada dos parquímetros da Ora | Descargar mp3

Noticias relacionadas