Comeza o proceso selectivo, por quenda de promoción interna, do posto de Sarxento Xefe do Corpo de Bombeiros

A incorporación súmase ás 12 novas prazas de bombeiros, que xunto co persoal interino que se vaia nomeando permitirá cubrir a práctica totalidade da plantilla.

Mércores, 11 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza o proceso selectivo, por quenda de promoción interna, do posto de Sarxento Xefe do Corpo de Bombeiros

A cobertura de prazas de novo persoal para o parque de Bombeiros impulsado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu hoxe un novo paso co inicio do proceso selectivo, por quenda de promoción interna, do posto de Sarxento Xefe.

A Xunta de Goberno Local aprobou a designación dos membros do tribunal cualificador para o concurso de oposición, ao que se presentan tres bombeiros. Abrirase agora un período de dez días hábiles de exposición pública en canto se publique no BOP, e logo publicarase de novo xa  coa lista definitiva e coa data da proba selectiva. A concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, avanza que nun prazo dun mes quedará resolto o proceso selectivo.

Esta nova incorporación súmase ás 12 novas prazas de bombeiros, que están publicadas xa no BOP e con toda a tramitación avanzada, á espera de tomar posesión. Con estas prazas e co complemento dos interinos que se vaian nomeando cubrirase a totalidade da plantilla. A edil espera que todo o proceso finalice antes de final de ano. 

Noticias relacionadas