Comeza o período de pagamento voluntario para os impostos de vehículos de tracción mecánica e vados

Venres, 23 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Á área de Gobernanza informa dende estos momento e ata o 21 de outubro está aberto o prazo do período de pagamento voluntario para os impostos de vehículos de tracción mecánica e as entradas de vehículos (vados) para todos aqueles recibos que non estean domiciliados.

Os recibos que se atopen domiciliados cobraranse o 5 de outubro, se dito día non fora hábil procederíase no seguinte.

Os veciños e veciñas que o desexen poderán recoller persoalmente unha copia dos mesmos no servizo de Facenda Local do Concello de Lugo

Noticias relacionadas