Comenza a construción de pasos de peóns elevados no entorno dos centros escolares

A área de Mobilidade e Infraestruturas pon en marcha un Plan de Seguridade Vial no entorno dos centros escolares os primeiro instalanse nas rúas Montirón e Ramón Ferreiro

Esta actuación enmarcase do plan de repintado xeral da sinalización viaria horizontal que se acometerán en toda a cidade

Domingo, 01 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comenza a construción de pasos de peóns elevados no entorno dos centros escolares

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, e Felipe Rivas, concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, comprobaron o avance das obras da avenida Ramón Ferreiro, onde se están a colocar pasos de peóns elevados “para calmar o tráfico das zonas escolares” segundo explicou Rubén Arroxo.

“Traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico, que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos circulando”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “actualmente estanse a construír catro pasos de peóns elevados en Ramón Ferreiro e dous máis en Montirón, que se suman aos xa realizados na rúa Santo Graal”.

Dende a área de Mobilidad e Infraestruturas continúan a traballar para construír pasos de peóns elevados no entorno de todos os centros escolares, nas rúas Galicia, Marina Española, Roi Xordo, Alexandre Bóveda, Ángelo Colocci, Alfredo Brañas, Serra de Outes e Avenida de Madrid. Esta actuación enmarcase do plan de repintado xeral da sinalización viaria horizontal que se acometerán en toda a cidade.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre o paso de peóns | Descargar mp3

Multimedia

  • Comenza a construción de pasos de peóns elevados no entorno dos centros escolares

Noticias relacionadas