Cohesión Social concede 217 axudas para o alugueiro de vivendas de persoas con vulnerabilidade, o que supón duplicar o orzamento

A concelleira de Benestar, Inclusión e Persoas Maiores, Olga López, destacou o esforzo municipal en materia de  vivenda “aínda que é unha competencia da Xunta de Galicia”.

O importe das axudas ascende a 276.972 €, que, unido ao resto das políticas de vivenda do Goberno de Lara Méndez, supón un investimento anual de máis de medio millón de euros.

Luns, 08 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Cohesión Social do Concello de Lugo concede 217 axudas para o financiamento do alugueiro de vivendas destinadas ao domicilio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo. O fin destas subvencións municipais é axudar ás persoas ou familias máis vulnerables e con ingresos limitados.

A aprobación destas subvencións irá a Xunta de Goberno Local deste mércores, día 10 de xullo.

O importe das axudas ascende a 276.972 euros. Na súa aposta polas Políticas Sociais, o Goberno de Lara Méndez duplicou o orzamento destinado ao aluguer para dar resposta ás numerosas solicitudes presentadas. “Os socialistas defendemos todas aquelas políticas de apoio aos máis vulnerables, incluída a atención en materia de vivenda a pesar de non ser unha competencia municipal, senón da Xunta de Galicia”, lembra Olga López Racamonde, concelleira responsable de Benestar, Inclusión e Persoas Maiores.

A edil destacou que o Concello lucense destina máis de medio millón de euros ao ano en políticas de vivienda, nas que se inclúen os programas de erradicación do chabolismo, ás vivendas domóticas para persoas con diversidade funcional e as emerxencias sociais. “Máis do 60% das peticións en emerxencia social son para atención de gastos en vivenda, o que supón un investimento municipal de 200.000 euros anuais”, inciudiu.

Este ano, presentáronse ao programa de axudas do alugueiro un total de 375 peticións, das que se aprobaron por cumprir os requisitos 217.

Audio

  • A edil Olga López, sobre as axudas de vivenda/aluguer | Descargar mp3

Noticias relacionadas