A cidade de Lugo acolle por cuarto ano consecutivo a Semana da Danza entre os días 24 e 29 de abril

Un dos espectáculos programados é a Fusión en Danza na que diferentes escolas de baile da cidade levarán a cabo unha exhibición de baile e danza

O día 29 haberá unha actuación do Xove Ballet de Galicia ás 20 horas no Auditorio Gustavo Freire 

Martes, 24 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, xunto con Isabel Méndez, Directora do Conservatorio Profesional de Danza, en representación das Escolas de danza de Lugo, presentaron esta mañá a IV Semana de Danza de Lugo que se celebrará entre o 24 e o 29 de abril.

A Concelleira de Cultura subliñou que é unha “alegria anunciar esta cuarta semana da Danza xa que cada vez son máis as persoas que se senten atraidas por este arte e ver como desfrutan os bailaríns representando as súas pezas pero tamén os familiares vend como se desenvolven na danza clásica”.

Isabel Méndez agradeceulle ó Concello a posibilidade de organizar a Semana da Danza, e deu a coñecer o programa que comezará o venres 24 de abril ás 20.30 o Grupo de Danza Contemporánea e o Grupo de Percusión do Conservatorio de Música porán en escea o espectáculo Resonancias en Movemento a partir no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O sábado, 25 de abril, terá lugar o Encontro de centros de danza, no que participan diversos centros de ensinanzas de danza clásica e contemporánea de toda Galicia e co que se conmemora o Dia Internacional da Danza. O Encontro reunirá a numerosos alumnos procedentes de Santiago, A Coruña, Oleiros, Ferrol, Vilagarcia de Arousa, Ribadeo e Lugo.

Desta maneira o domingo, día 26, é o día adicado a outros estilos de danza distintos da clásica e a contemporánea. No acto colectivo “Fusión en Danza” participarán bailarines dos centro de ensinanza Ritmo Lugo, Star Dance, Victoria Gil, Mercedes Castro, Espazo Artístico 10 e Teresa Neri, que se adican a outros estilos de danza. Será ás 19.00 horas no Auditorio Gustavo Freire.

O luns 27 de abril a partir das 19 horas terá lugar a presentación do concurso coreográfico no que o alumnado presentarán diferentes traballos coreográficos sobre Martha Graham no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O martes 28 de abril o alumnado do Grao Profesional de danza clásica do Conservatorio de Danza de Lugo levarán a cabo unha actuación de Mostra do repertorio de danza clásica que comezará as 20 horas tamén no Auditorio Gustavo Freire.

As actividades da Semana da Danza rematarán o mércores, 29 de abril, coa actuación do Xove Ballet de Galicia que representarán O lago dos cisnes en dous pases, un para escolares de toda a provincia ás 11.30 horas e outro para todos os públicos ás 20 horas. Este último terá unha entrada a un prezo único de 6 euros que se poderá mercar dende unha hora antes da actuación ou ven na web www.servinova.es ou www.afundacion.org .

 Folleto IV Semana da Danza

Noticias relacionadas