A cidade de Lugo acolle este domingo o 2º Encontro da Liga Experimental de judo en Lugo

Terá lugar a partir das 12.30 horas na Casa do Deporte e loitará o equipo local IDAV CARE e o JC.SHIAI de A Coruña

Xoves, 28 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A cidade de Lugo acolle este domingo o 2º Encontro da Liga Experimental de Judo en Lugo

A Concellería de Deportes, dirixida por José Manuel Díaz Grandío, informa que este domingo 31 de maio a partir das 12:30 horas celébrase o 2º encontro da Liga LEJ (Liga Experimental de Judo) en Lugo, entre o IDAV CARE e o JC.SHIAI de A Coruña.

Unha das particularidades desta liga é que compiten os catro titulares de cada equipo contra os catro do equipo contrario, o que permite ver combates de judokas de 73 Kg contra judocas de máis de 100 Kg nun tempo a tres minutos que fai que un deportista lixeiro con boa técnica e bo físico poida gañar a judokas de pesos superiores. En total será 16 combates que durarán un tempo total de 45 minutos.

Esta é a única liga de judo con este formato en todo o Mundo e os competidores que representan ao IDAV CARE son:  en menos de 73Kg, Borja Álvarez que foi Subcampión Galego Júnior e Adrián Mucientes, Campión de España.  En peso inferior a 81 Kg Pablo Trillo, que é o terceiro clasificado de España Júnior e Pedro Teijeiro, Campión de España Júnior. Xa en peso superior pero para menos de 90 Kg David Pérez que é Campión Galego Júnior e en máis de 90 Kg Sergio Trillo, que ten o título de Campión de España Júnior e Sénior.

Pola súa banda, o equipo coruñés, un dos máis destacados a nivel galego, JC. SHIAI convocará aos mellores competidores entre os que destacan varios medallistas nacionais en categoría superior sénior e júnior. 

Noticias relacionadas