Chega unha nova edición do Festival de Jazz de Lugo máis feminino que nunca, co que colabora o Concello

Na programación da XXVII edición que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, haberá 22 concertos, dos cales 20 deles serán interpretados por mulleres

Os concertos, terán lugar dende o 11 ao 19 de novembro en Lugo, no Círculo das Artes, o Vello Cárcere, o Club Clavicémbalo, a Casa do Saber, e no bar Ho! Gruf. Máis información en www.jazzlugo.com

Venres, 03 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Chega unha nova edición do Festival de Jazz de Lugo máis feminino que nunca, co que colabora o Concello

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron este venres no Círculo das Artes a XXVII edición do Festival de Jazz de Lugo que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, e que terá lugar do 11 ao 19 de novembro na cidade de Lugo. Fixérono xunto ao Presidente da Asociación organizadora, Alberto Grandío, e o Secretario da Asociación, José Luis Díaz, así como a Delegada de Cultura na provincia, María José Gómez.

Carmen Basadre destacou que “este ano o jazz vólvese muller”, polo que felicitou á organización deste evento “por ter en conta ás mulleres que actúan neste xénero musical e por realizar un programa en feminino, que nesta edición cumpre xa 27 anos, algo que ten moito mérito”. Tamén lembrou que o Concello sempre ten en conta o jazz na programación das festas da cidade.

García Porto remarcou que esta nova edición “conta coa participación de 22 bandas do mundo do jazz de primeiro nivel, o que converte á cidade de Lugo nun destino único para desfrutar deste grandísimo xénero musical, e que este ano ademais conta cun destacado protagonismo feminino. O Goberno da Deputación achega 15.000 euros para a realización deste programa co obxectivo de promover eventos culturais na provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como unha das liñas de actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.

Alberto Grandío e Xosé Luís Díaz, membros da Asociación Amigos do Jazz agradeceron a implicación de todos os organismos implicados na realización desta cita, e avanzaron que esta edición “é a máis feminina das que se teñen celebrado ata o de agora, xa que dos 22 concertos presentados, 20 deles serán interpretados por mulleres”. Avanzaron que o cartel deste ano está composto por músicos de primeiro nivel, e que contará con participación galega como María Toro, frautista e compositora que vive en Rio de Xaneiro.

Programación

Círculo das Artes (Escenario 1906).- A entrada a todos os concertos é de 10 euros.

- O sábado 11 de novembro ás 20:30 horas, terá lugar o concerto de Ricca.

- O domingo 12 de novembro ás 18:00 horas, sesión para toda a familia con Por mí, Swing + o sister!.

- O luns 13 de novembro ás 20:30 horas actúa Ingrid Jensen & Christine Jensen Quintet.

- O martes 14 de novembro ás 20:30 horas canta María Toro Project.

- O mércores 15 de novembro ás 20:30 horas turno de Magos Herrera.

- O xoves 16 de novembro ás 21:30 horas actuación de Allison Miller "Boom tic boom".

- O venres 17 de novembro ás 21:30 horas sesión de Dave Douglas & Chet Doxas: Riverside with special Guest Carla Bley.

- O sábado 18 de novembro ás 20:30 horas, actuación de Charennée Wade.

- O domingo 19 de novembro ás 20:30 horas, toca Melisa Aldana Quartet.

Club Clavicémbalo.- A entrada a todos os concertos será de 5 ou 10 euros.

- O sábado 11 de novembro ás 23:45 horas, actuación do quinteto de Olga Reiznichenko.

- O luns 13 de novembro ás 23:00 horas turno para Leira Castro.

- O martes 14 de novembro ás 22:00 horas, concerto de Pere Navarro Quintento, que será emitido en directo en Radio 3. (concerto de balde)

- O mércores 15 de novembro ás 23:30 horas actuación de Michael Olivera Group.

- O xoves 16 de novembro ás 23:45 horas, turno para Alejandro Vargas Trio.

- O venres 17 de novembro ás 23:00 horas, sesión de Odojazz.

- O venres 17 de novembro ás 23:55 horas, toca Mariola Membrives "Omega 20.16"

- O sábado 18 de novembro ás 23:50 horas terá lugar o concerto de Los hot chocolates.

Vello Cárcere.- A entrada a estes concertos é de balde ata completar aforo.

- O domingo 12 de novembro ás 13:00 horas sesión de Sisters in the house. Organiza a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo.

- O domingo 19 de novembro ás 13:00 horas concerto de EJAZZ, con Carmen Rey, Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro.

Ho!Gruf.- A entrada a este concerto é de balde ata completar aforo.

- O sábado 18 de novembro ás 14:00 horas, actuación de Sesión Vermú con Marian Ledesma & Tinaquero Brother.

Casa do Saber.- A entrada a este concerto é de balde ata completar aforo.

- O xoves 16 de novembro ás 20:00 horas sesión con Guillermo Mcgill Quartet

Entradas

O prezo das entradas é de 10 euros  (ou 5 para estudantes), e o abono para tódolos concertos será de 60 euros. Os tickets poden adquirise nas mesmas salas dos concertos, ou online, na dirección www.notikumi.com/channel/festival-jazz-lugo.

Lugo, o decano dos que se celebran en Galicia

A Asociación de Amigos do Jazz Escobijazzten como principal actividade a organización do Festival de Jazz de Lugo. Este festival celebrase en Lugo dende o ano 1991. O festival deu cabida nestes anos, tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais como a novos valores do Jazz mundial, o máis destacado do jazz estatal e tamén do mellor jazz galego. Cabe destacar que o Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia.

Documento

Noticias relacionadas