Ceo de Verán é a nova actividade organizada por Servizos Sociais para os amantes das estrelas e do medio ambiente

Martes, 12 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, organiza para estas datas de lecer unha nova actividade moi relacionada co medio ambiente e dirixida a toda a poboación en xeral.

Trátase de Ceo de Verán, unha camiñata a pé polo Paseo do Rato onde se analizará a flora e a fauna, e onde se aproveitará para coñecer mellor as estrelas. En Ceo de Verán participa como monitor un experto no estudo do noso firmamento, Francisco García Díaz, que foi o descubridor da Supernova 1993J, o 28 de marzo de hai 15 anos.

O inicio da ruta prevese para as 20 horas, fronte ao recinto para as aves do Paseo do Rato, e a duración será dunha hora e media aproximadamente.

Os participantes comezarán a camiñata e recibirán información dun monitor especializado, sobre o coidado do medio e o respecto da natureza, así como datos sobre as distintas especies naturais e animais que atopen polo camiño. Rematarán cunha observación astronómica durante as primeiras horas da noite, que titorizará Francisco García, responsable da impartición do obradoiro de Astronomía nos centros sociais municipais do Concello.

A actividade suspenderase en caso de choiva.

Luns, 18 de agosto de 2008, ás 20 horas, fronte ao recinto para as aves do Parque do Rato.

Noticias relacionadas