Ceo de Verán aprázase por mor do tempo

Luns, 18 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A actividade de Ceo de Verán, organizada pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, aprázase á xornada de mañá por mor da visibilidade das estrelas debido ao tempo previsto para hoxe.

Ceo de Verán é unha camiñata a pé polo Paseo do Rato onde se analizará a flora e a fauna, e onde se aproveitará para coñecer mellor as estrelas. O inicio da ruta será as 20:00 horas, fronte ao recinto para as aves do Paseo do Rato, e cunha duración dunha hora e media aproximadamente.

Os participantes comezarán a camiñata e recibirán información dun monitor especializado, sobre o coidado do medio e o respecto da natureza, así como datos sobre as distintas especies naturais e animais que atopen polo camiño. Rematarán cunha observación astronómica durante as primeiras horas da noite, que titorizará Francisco García, responsable do obradoiro de Astronomía nos centros sociais municipais do Concello.

Noticias relacionadas