Centos de persoas de Galicia e Portugal coñecerán os atractivos turísticos de Lugo a través da VI edición da Feira Expocidades

A cita, que se celebrará esta fin de semana na Praza de Armas de Ferrol, busca promover o turismo de proximidade entre as localidades que forman parte do Eixo Atlántico.

Lara Méndez: “Buscaremos achegar toda a nosa riqueza paisaxística, patrimonial, cultural e gastronómica, o que nos converte nun destino único”.

En total participarán 32 stands,  16 de localidades galegas, 11 portuguesas e o resto dutras cidades.

Xoves, 12 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Centos de persoas de Galicia e Portugal coñecerán os atractivos turísticos de Lugo a través da VI edición da Feira Expocidades

O Concello de Lugo contará cun stand propio na VI edición da Feira Expocidades, organizada polo Eixo Atlántico, que se celebrará en Ferrol os días 13, 14 e 15 de maio. Así o avanzou a rexedora lucense e presidenta do Eixo, Lara Méndez, quen explicou que “este evento pretendemos promover e poñer en valor o turismo de proximidade e dar a coñecer os mercados turísticos dos territorios cercanos, e Lugo non podía faltar a este cita”.

A alcaldesa de Lugo subliñou que se trata dunha “magnífica ocasión para promocionar o noso municipio e as súas potencialidades, de xeito que durante toda a fin de semana, o stand de Lugo convertirase nunha extensión do concello frente a centos de persoas de Galicia e do norte de Portugal que visitarán o recinto feiral”.

“Así, buscaremos achegar toda a nosa riqueza paisaxística, patrimonial, cultural e gastronómica, dando a coñecer aos participantes os principais atractivos turísticos da cidade como son os tres Patrimonios da Humanidade –a muralla romana, a catedral e o Camiño Primitivo–, as festas máis destacadas –como  o Arde Lucus, o San Froilán ou o Caudal Fest–, así como algunha das visitas imprescindibles que realizar en Lugo, como saborear as súas tapas, coñecer o casco histórico ou conectar coa natureza, tendo en conta que a totalidade do noso municipio se encontra dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño... en definitiva unha amplísimo abano de posibilidades que nos converten nun destino único”, engadiu a rexedora.

A sexta feira turística Expocidades terá lugar na Praza de Armas de Ferrol. En total, participarán 32 casetas –16 galegas e 11 portuguesas e o resto doutras cidades– nun acto que busca promover o turismo de proximidade entre as localidades e deputacións galegas e portuguesas que forman parte do Eixo Atlántico.

Noticias relacionadas