Celébrase a Festa Poética Xistral na Casa do Concello

Mércores, 14 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a Festa Poética Xistral celebrada esta tarde na Casa do Concello.

O acto, organizado polo Concello con motivo do Día das Letras Galegas e enmarcado dentro da programación da 32ª Feira do Libro de Lugo, foi conducido polos poetas Xosé Otero Canto e Toño Núñez.

Na Festa Poética Xistral tivo un especial protagonismo Xosé María Díaz Castro, o poeta ó que este ano se rende tribudo no Día das Letras Galegas. A él estivo adicado o homenaxe que lle adicou o contador galego de historias Lois Pérez, que interviu como convidado especial no acto.

Ademais, nesta festa da poesía os participantes que o desexeron deron lectura a poemas de diversos creadores que foron publicados nos últimos números da revista Xistra. 

Multimedia

Noticias relacionadas