Celebrado o torneo triangular inaugural do campo de fútbol José María Rodríguez Lago

Sábado, 21 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Celebrado o torneo triangular inaugural do campo de fútbol José María Rodríguez Lago

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, participou este sábado nos actos inaugurais do campo de fútbol José María Rodríguez Lago, acompañado por familiares do homenaxeado e diversos deportistas. Trátase pois, dunha homenaxe a este benefactor do fútbol lucense que foi fundador, xunto con outras persoas, do Club de Fútbol Sagrado Corazón no ano 1965, chegando a ser secretario xeral do CD Lugo durante 10 anos.

Para conmemorar a nova denominación do campo municipal, froito dunha declaración institucional aprobada no Pleno do Concello do 29 de setembro do 2016, celebrouse un torneo triangular de fútbol de veteranos entre o Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, xunto cos integrantes do ADC Sagrado Corazón.

Noticias relacionadas