A Casa do Deporte acolle o XIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo dentro do Campionato de España Sub-21 Sector Oeste

Na competición, que terá lugar o domingo a partir das 16:00 horas, participarán máis de cen deportistas de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria

Venres, 19 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa do Deporte acolle o XIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo dentro do Campionato de España Sub-21 Sector Oeste

Este domingo, 21 de febreiro, terá lugar no polideportivo municipal da Casa do Deporte o XIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo dentro do Campionato de España Sub-21 Sector Oeste. Nesta competición participarán máis de cen deportistas de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria.

Neste senso, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, lembrou que esta proba “se enmarca no noso compromiso por fomentar o deporte, ao tempo que se impulsa a cidade”.

Fernández manifestou a súa satisfacción porque se celebre a décimo terceira edición desta competición e engadiu que “este campionato servirá como referente aos deportistas máis novos de Lugo que practican esta modalidade deportiva e que conta con moitos adeptos na cidade”.

A proba comezará ás 16:00 horas coas eliminatorias e a repesca, para posteriormente ás 18:30 horas celebrar as finais. A entrega de trofeos realizarase ás 19:30 horas.

Nesta competición participará a judoka Silvia Lage na categoría de 63 quilos, unha deportista que acadou ser medallista nacional nesa categoría e que o ano pasado foi gañadora nos sectores nacionais sub-21 e absoluto.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o XIII Trofeo de Judo Cidade de Lugo|Descargar mp3

Noticias relacionadas