A Casa do Concello acolle un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais

O Nacemento de pezas de madeira conta con ferreiros, tecelás, zapateiros ou oleiros, obra do lucense Luis Manuel Santos Dobarro

Xoves, 10 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa do Concello acolle un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais

Dende esta semana e durante o Nadal pódese ver na Casa do Concello un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais. O autor deste Nacemento, situado na entrada principal do consistorio, foi o carpinteiro Luis Manuel Santos Dobarro, da parroquia lucense de Tirimol, quen realizou todas as pezas expostas en madeira. Ademais do portal, conta cunha ferrería, un mesón, unha tecelá, un zapateiro, unha adega, granxa e olería.

Noticias relacionadas