A Casa da Música continúa coa súa programación de concertos

Venres, 28 de marzo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

David Cierco destacou o liderazgo neste campo de López Orozco e o esforzo da Deputación de Lugo

O Director Xeral en funcións da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco, anunciou na clausura da xornada “Mellores Prácticas no uso das TIC no Ámbito Municipal” celebrada este venres no Centro de Empresas e Innovación que Lugo é a cidade favorita para ser o núcleo en Galicia da rede de cidades innovadoras. Neste senso, Cierco afirmou que “queremos tener ayuntamientos líderes en cada Comunidad Autónoma para crear una red de ciudades innovadoras, lo que llevará asociado recursos y todo el apoyo institucional y político necesario, además de una plataforma tecnológica. Mi apuesta personal, y así me gustaría que fuese, es que Lugo fuese líder en Galicia de la red de ciudades innovadoras”.

A noticia foi recibida con moita satisfacción polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, tamén presentes na mesa de clausura.

O Director Xeral en funcións para o Desenvolvemento da Sociedade da Información subraiou que “Lugo va a seguir asumiendo el papel de liderazgo que ha iniciado para actuar como motor no sólo en la provincia, sino en Galicia y España”. Deste xeito, Cierco matizou que “las ciudades innovadoras serán un ejemplo de administación electrónica, de sociedad del conocimiento y modelo a seguir para las otras urbes españolas” ó tempo que trasladou o compromiso do Goberno central para que no 2008 o 100% do territorio nacional teña cobertura de Internet de banda ancha.

Pola súa banda, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a noticia dada a coñecer por David Cierco e aproveitou a ocasión para darlle as grazas en público polo comportamento que tivo co Concello de Lugo. “Sempre demostrou unha constante adicación á nosa cidade e a través de presupostos”.

No encontro, A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, destacou que as administracións “non poden ser alleas á aplicación das TIC, xa que son unha ferramenta de primeira orde para prestar un servizo eficaz ós cidadáns”.

A Vicepresidenta Segunda subliñou o esforzo realizado desde a Deputación para implantar o uso das novas tecnoloxías na administración provincial. Neste senso, explicou que o primeiro que fixo o equipo de goberno foi “coñecer a situación real da propia institución, así como a de todos os Concellos a través de dúas auditorías que permitan avaliar a situación”.

Un cento de persoas participaron nesta xornada na que Lara Méndez lembrou que o equipo de goberno xa aprobou unha aplicación informática de xestión tributaria e recadatoria, “un servizo que facilitará o acceso ós Concellos co fin de coñecer de xeito inmediato o estado da súa recadación, así como efectuar no futuro os pagos en liña, obter certificacións ou consultar expedentes”.

A Vicepresidenta Segunda destacou que a Deputación de Lugo acaba de presentar un proxecto ambicioso para conseguir fondos europeos FEDER, “Innova-TE Lugo”. Méndez subraiou que “se trata dunha iniciativa destinada ós Concellos da provincia, prestando un especial interés en aqueles que sofren unha maior despoboación e que entre outras moitas medidas, contempla a implantación da Administración electrónica”.

A posta en marcha dunha Intranet e a nova web provincial completan as medidas levadas a cabo polo equipo de goberno en materia de novas tecnoloxías. Deste xeito, a Vicepresidenta Segunda engadiu que “estamos abrindo a institución a toda a cidadanía grazas ás TIC. Sumando esforzos e con actividades deste tipo conseguiremos satisfacer as necesidades dos nosos veciños”.

Noticias relacionadas