A Casa da Muller recibe unha subvención de 45.000 euros grazas a súa importante labor na prevención da violencia de xénero

Luns, 07 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, informou esta mañá da concesión dunha subvención de 45.000 euros para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero nos concellos.

“Por fin a Xunta de Galicia recoñece o traballo que desenvolvemos na Casa da Muller e despois de tanto insistir podemos anunciar que si se concedeu a subvención para o mantemento deste centro” sinalou Ana G. Abelleira que bromeou con que “agardemos que esta sexa o comezo dunha bonita amizade entre ambas administracións despois das excusas que nos puxeron unha e outra vez”.

Con esta axuda, denegada en anos pasados sen motivos aparentes, o Concello de Lugo pode dar ofrecer melloras nos servizos e o mantemento, entre outros, do programa de ociotecas para a conciliación da vida laboral e familiar. “Non debemos esquecer que esto non é ser solidarios co Concello nin con quen o xestionamos senón con todas aquelas mulleres que o precisan máis que nunca xa que se sabe que nestes momentos os casos de violencia de xénero aumentaron” segundo Abelleira.

Durante o ano 2012 na Casa da Muller atenderonse un total de 1.187 mulleres, 100 máis que no ano anterior. Ademais, o total de consultas realizadas foi de 3.942, das que máis de mil foron en persoa no propio centro, a maioría das mulleres residian en zona urbana e delas 716 xa realizan máis consultas noutras ocasións. Das 1.187 mulleres atendidas, 887 aseguraron haber sufrido ou estar en risco de sufrir malos tratos algunha vez na súa vida. No que á tipoloxía das consultas realizadas, 1461 foron de ámbito xurídico, 1599 de ámbito social e 882 de ámbito psicolóxico.

Multimedia

Noticias relacionadas