A Casa Consistorial ilumínase este luns de cor laranxa para conmemorar o Día Nacional da Epilepsia

Domingo, 23 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora mañá, luns, 24 de maio, o Día Nacional da Epilepsia, iluminando de laranxa a fachada da Casa Consistorial ao anoitecer, co fin de visibilizar esta enfermidade.

A iniciativa, trasladada a alcaldesa de Lugo a petición da Asociación Nacional de Persoas con Epilepsia, pretende concienciar á poboación sobre a realidade que viven as persoas con esta doenza e as súas necesidades.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) no mundo hai 50 millóns de persoas con epilepsia e tres cuartas partes non reciben o tratamento que necesitan. Con todo, continua sendo unha enfermidade, descoñecida e estigmatizante, que afecta á calidade de vida das e dos pacientes e leva á súa discriminación laboral e escolar.

Noticias relacionadas