A Casa Consistorial ilumínase de verde conmemorando o Día Mundial contra a Meninxite

Venres, 23 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial contra a Meninxite, 24 de abril, iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial  a partires das 19.30h co fin de visibilizar esta enfermidade e lembrar que hai que seguir loitando para derrotala.

A petición, trasladada a alcaldesa de Lugo chegou a través da  AEM (Asociación Española contra a Meninxite), unha organización que representa a un numeroso colectivo de sobreviventes desta enfermidade e as súas familias.

A meninxite é unha enfermidade infecciosa que, lamentablemente, segue moi presente na nosa sociedade; que produce graves secuelas, incluso a morte, e que é unha das enfermidades que máis preocupan ás familias do noso país. A pesar de ser unha enfermidade coñecida, a pandemia do coronavirus provocou unha desatención ao resto de enfermidades como é o noso caso.

Noticias relacionadas