A Casa Consistorial e a Tanxurela tínguense de azul e branco con motivo do Día Internacional de Urxencias e Emerxencias

Xoves, 26 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de azul e branco, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela mañá, 27 de maio con motivo do Día Internacional de Urxencias e Emerxencias, para concienciar sobre a necesidade de contar con sistemas médicos de urxencias ben desenvolvidos, ben preparados e ben organizados en todo o mundo.

A iniciativa, trasladada a alcaldesa de Lugo, ven a petición da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES), e ten o obxectivo de unir á poboación mundial e os organismos oficiais, para pensar e falar sobre a medicina de urxencias e emerxencia.

Noticias relacionadas