A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de verde conmemorando o Día Europeo da Esclerodermia

Martes, 28 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de verde, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Europeo da Esclerodermia, 29 de xuño.

A esclerodermia, tamén coñecida como esclerose sistémica, é un grupo de enfermidades raras que implican endurecemento e  tirantez da pel. Tamén pode causar problemas nos vasos sanguíneos, os órganos internos e o tracto dixestivo.

A petición foi solicitada pola A Asociación Española de  Esclerodermia, unha asociación sen ánimo de lucro constituída o 3 de febreiro de 1995, con ámbito nacional. A Asociación ten como finalidade xenérica promover que se adopten todas as medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas afectadas de  esclerodermia e dos seus achegados.

Noticias relacionadas