A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de verde conmemorando o Día de Concienciación do Trastorno de Deficiencia de CDKL5

Xoves, 16 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de verde, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día de Concienciación do Trastorno de Deficiencia de  CDKL5, 17 de xuño.

A Síndrome por Deficiencia  CDKL5 (Cyclin- Dependent  Kinase-Like 5) é unha enfermidade xenética ligada ao cromosoma X que provoca a aparición temperá de alteracións graves do desenvolvemento neurolóxico e, en numerosos casos, de convulsións  epilépticas de difícil control.

A petición foi solicitada pola Asociación afectados CDKL5, é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2014 principalmente por pais e familiares de pacientes afectados do devandito trastorno.

Noticias relacionadas