A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de turquesa conmemorando o Día Nacional das Linguas de Signos

Martes, 14 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de turquesa, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Nacional das Linguas de Signos, 14 de xuño.

Un día no que se trata de difundir entre a sociedade a lingua das persoas xordas, a súa utilidade e o seu valor, poñendo en coñecemento de todos os cidadáns que as  LSE' s son un idioma para a vida e para a convivencia.

A petición foi solicitada por ASORLU, Asociación de Personas Sordas de Lugo, unha asociación sen ánimo de lucro que se consolida como a entidade de referencia de Lugo, que oferta servizos especializados e específicos  para a atención ás persoas xordas e xoga un papel importante no impulso de desenvolvemento integral do colectivo de persoas xordas a través da súa actividade de fronte ao movemento asociativo.

Noticias relacionadas