A Casa Consistorial e a Mosqueira ilumínanse conmemorando o Día Internacional das Mulleres

A concellaría da Muller de Lugo desenvolverá unha programación segura para reivindicar feminismo durante o mes de marzo.

O día 8 de marzo, o executivo de Lara Méndez organizará un acto institucional, ao que convidará a todas as forzas políticas da Corporación, onde se lerá a Declaración aprobada en Pleno por unanimidade.

Venres, 05 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa Consistorial e a Mosqueira ilumínanse conmemorando o Día Internacional das Mulleres

O Concello de Lugo conmemora o Día Internacional das Mulleres, iluminando de violeta a fachada da Casa Consistorial dende esta mesma tarde (19.30h).

A Mosqueira súmase ao acendido proxectándose no monumento a marca da cidade Mulleres con Forza, creada polo Concello de Lugo, coa que se simboliza na Muralla a fortaleza da muller na súa loita pola igualdade de xénero.

O acendido e a proxección será todos os días dende o 5 de marzo ata o 20 de marzo. Dende a concelleria animan á cidadanía a realizar fotos e inundar as redes con elas co cancelo #MulleresConForza.

Noticias relacionadas