Carmen Basadre visitou as obras de acondicionamento do Auditorio Gustavo Freire

Luns, 21 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou esta mañá as obras de mellora que se están levando a cabo no auditorio municipal Gustavo Freire e que teñen un orzamento de 30.000 euros.

Carmen Basadre sinalou que “trátase do único auditorio co que, polo de agora, contamos en Lugo, asi que debemos mantelo nas mellores condicións para que poidan facer un bo uso deles todos os grupos que pasan por aquí”.

Desta maneira, cambiouse todo o entarimado do esceario, instalado no ano 1986, con madeira de pino roxo, tintada e barnizada, e creouse unha nova estrutura metálica para tapar o foso da música. Ademais tamén se realizaron pequenas obras no aseos e vaise crear un espazo para que o persoal que o precise, e que non usen os camerinos, poidan cambiarse de roupa.

Otra dos cambios que se realizaron foi a sustitución do antigo sistema de detección de incendios por un máis moderno e con novas instalacións para a conexión de central receptora de alarmas. Estas obras tiveron subvención tanto da Deputación de Lugo como da Xunta de Galicia.

Multimedia

Noticias relacionadas