Carmen Basadre visita as actividades do GastroNadal, nas que participaron preto dun cento de persoas

A edil destacou que esta iniciativa contou con moi boa acollida, xa que na mesma participaron preto dun cento de persoas e os comerciantes implicáronse no seu desenvolvemento

Xoves, 22 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre visita as actividades do GastroNadal, nas que participaron preto dun cento de persoas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou este xoves no Mercado Municipal as actividades do GastroNadal. A edil destacou que “esta iniciativa contou con moi boa acollida, xa que na mesma participaron preto dun cento de persoas e os comerciantes implicáronse no seu desenvolvemento”.

Esta iniciativa busca fomentar o coñecemento dos produtos de tempada do Mercado Municipal e da Praza de Abastos e elaborar con eles receitas específicas de Nadal, non soamente de comidas e ceas, senón tamén de doces típicos aproveitando os recursos do Mercado e da Praza; así como promover ambas as dúas instalacións municipais

Noticias relacionadas