Carmen Basadre presenta mañá o libro "La llamada de los Nurkan", de Miguel S. Juaneda

Martes, 29 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentará mañá, xoves, día 30, o libro “La llamada de los Nurkan”, do que é autor Miguel S. Juaneda.

A presentación terá lugar, ás 19.00 horas, na librería Balmes.

Esta obra é a primeira dunha saga de literatura fantástica titulada “El heredero de slos seis reinos”, que constará de cinco novelas e que se desenvolve en Mundo Conocido, un universo imaxinario formado por seis reinos que goberna un Suliadán.

O autor, Miguel S. Juaneda, que é natural de Cartaxena, xa viaxou hoxe a Lugo, e con anterioridade estivera na nosa cidade recentemente, con motivo das festas do Arde Lvcvs, xa que é Presidente da asociación Los Lanceros Hoplitas de Cartagineses y Romanos e participou nas actividades da festa de recreación romana da nosa cidade e no desfile coa Garda Praetoriana de Lucus Augusti.

Noticias relacionadas