Carmen Basadre participa nunha andaina polo Camiño Primitivo para celebrar un ano como Patrimonio da Humanidade

Venres, 08 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre participa nunha andaina polo Camiño Primitivo para celebrar un ano como Patrimonio da Humanidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto á Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e outros representantes dos municipios polos que transcorre o Camiño Primitivo, percorreron esta mañá un treito de 8 quilómetros deste camiño, con motivo do primeiro aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

Antes do comezo do percorrido, que arrincou ás 12:00 horas dende diante da Casa Consistorial da Fonsagrada, Basadre puxo en valor a importante oportunidade que lle outorgou a decisión da UNESCO do pasado ano a Lugo, “o que proxecta o noso patrimonio a nivel mundial, algo que xa constatamos coa declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade”. A edil subliñou que o Goberno está aproveitando esta decisión, que multiplica as potencialidades da cidade, organizando andainas guiadas ou encontros artísticos por esta ruta xacobea, “o que entronca coa nosa aposta por situar a Lugo como porta de entrada a Galicia do Camiño Primitivo”.  

O pasado ano 2015 percorreron o Camiño Primitivo 11.428 peregrinos, un 38% máis que no mesmo período do ano anterior. No que vai de ano, foron  4.000 os que escolleron o Camiño Primitivo para chegar a Santiago de Compostela.

Noticias relacionadas