Carmen Basadre participa nas actividades conmemorativas do Día Mundial do Ril

Xoves, 09 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre participa nas actividades conmemorativas do Día Mundial do Ril

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este xoves nas actividades conmemorativas do Día Mundial do Ril. Estas actividades celebráronse no Parque Rosalía de Castro, onde se colocou unha mesa informativa do colectivo Alcer Lugo. Tamén se realizou unha andaina polo propio parque, coa finalidade de concienciar aos lucenses da importancia do exercicio físico.