Carmen Basadre participa en Medina del Campo na asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

Representantes das 14 festas que integran esta asociación reuníronse este sábado para celebrar esta xuntanza, enmarcada no III Encontro de Organizadores e Profesionais das Festas e Recreacións Históricas

Sábado, 02 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre participa en Medina del Campo na asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu este sábado á asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, que tivo lugar en Medina del Campo, Valladolid. Trátase dunha xuntanza enmarcada dentro do III Encontro de Organizadores e Profesionais das Festas e Recreacións Históricas, que nesta edición tratou sobre a seguridade neste tipo de festexos.

Representantes das principais festas españolas que integran esta asociación déronse cita esta sábado para escoitar aos distintos especialistas de diversos sectores que trataron o tema da seguridade nas festas históricas nunha xornada que incluíu ademais das conferencias, un recital de música, un concerto de música tradicional ibérica, danzas renacentistas e unha exhibición de esgrima histórica, entre outros.

A Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas está formada por 17 recreacións, que abarcan dende a época pre-romana ao século XVIII. As festas que integran esta asociación son Arde Lucus, Astures y Romanos, Carthagineses y Romanos, Justas Medievales del Passo Honroso, Guerras Cántabras, Festa do Esquecemento, Mercaforum, Las Bodas de Isabel de Seguro, El Regroso del Comendador, Festa da Istoria, Los Exconxuraos, Semana Medieval Estella-Lizarra, Semana Renacentista de Medina del Campo, El Cronicón de Oña, El Sinodal de Aguilafuente, Feria Íbera de Lakuerter de Andorra e Las Alfonsadas de Calatayud.

Noticias relacionadas