Carmen Basadre confirma a Los Secretos e John Nemeth para o San Froilán 2017

Actuarán o día 12 na Praza Horta do Seminario e o día 7 en Santa María, respectivamente

Venres, 11 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este venres dous novos concertos para o programa das festas do San Froilán 2017. Trátase, por unha banda, da actuación de Los Secretos, que descubrirán aos festeiros e festeiras de Lugo as súas raíces, a punto de cumplir o seu 40 aniversario. Esta mítica formación madrileña, galardoada coa medalla de ouro ás Belas Artes, actuará na Praza Horta do Seminario o día 12 de outubro. Xunto cos seus grandes clásicos, no seu concerto tamén incluirá algunhas das novas cancións do seu últimos disco, Algo Prestado.

Por outra banda, tamén ofrecerá un concerto John Nemeth o día 7 na Praza de Santa María. Para moitos, Nemeth é considerado a mellor voz de soul blues do mundo e un virtusoso da armónica. Recentemente premiado como mellor artista nos Blues Musica Awards 2014, e nominado para outros 6 premios destes en 2015, Nemeth forma parte do cartel do San Froilán 2017, xunto con Los Secretos, Sés e Rosa Cedrón.

O Goberno traballa nuns festexos patronais que conteñan unha oferta variada, pensada para todos os públicos, con nomes de repercusión tatno no panorama nacional como internacional, tendo espazo tamén, como non podía ser doutro xeito, para artistas locais.

Audio

  • Carmen Basadre sobre os concertos do San Froilán | Descargar mp3

Noticias relacionadas