Cáritas recoñece o apoio do Concello de Lugo ao longo dos 50 anos de existencia na cidade

Martes, 25 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Gonzalez Abelleira, asistiron esta mañá a un acto organizado por Cáritas Diocesana de Lugo e no que se fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas ao Concello de Lugo.

Nesta celebración tamén se entregaron distintivos ás institucións da cidade que apoian a esta asociación como a Subdelegación do Goberno, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Delegación da Axencia Tributaria e Universidade de Santiago de Compostela.

Con motivo do 50 aniversario de Cáritas diocesana de Lugo tivo un recoñecemento con todas aquelas persoas ou institucións que colaboraron activamente con eles no labor de axuda e solidariedade cos máis necesitados.

López Orozco agradeceu este distintivo e explicou que “somos a cidadanía a que temos que dar as grazas a Cáritas por estar sempre cos que máis o precisan e loitando contra as desigualdades”.

Multimedia

Noticias relacionadas