Calor e espectáculo este sábado no Gustavo Freire coa representación de Soño dunha noite de verán

O domingo, Markeliñe Compañía Teatro interpretá Quijote, el vértigo de Sancho, a partir das 18:30 horas, tamén no Auditorio Municipal

As entradas para ambas representacións aínda se poden adquirir na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación

Xoves, 02 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A compañía de teatro Voladora celebra dez anos facendo teatro traendo este sábado ao Auditorio Municipal Gustavo Freire a representación de Soño dunha noite de verán, dentro do programa da XVII Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello. A partir das 20:30 horas e ao longo de 90 minutos, calor e espectáculo xúntanse nesta comedia sobre o amor, a dor, a paixón, os encontros, os desencontros e o poder. Esta é a última sesión da sección oficial desta mostra, unha versión da famosa comedia de William Shakespeare, realizada a partir da adaptación de Marco Layera, coa dirección de Marta Pazos.

A edil convidou a todos os lucenses, visitantes e amantes do teatro a presenciar esta trama que parte dun lío amoroso entre Demetrio, Lisandro e Hermia, así como a gozar das tapas inspiradas tanto nesta interpretación teatral como no resto de obras que compoñen esta mostra ata o 19 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ulla, Mangiarte, Manuel Manuel, La Encina, España, Xoldra e Mesón El Castillo.

Pero a XVII Mostra de Teatro Clásico non remata aquí. Aínda quedan tres representacións dentro da sección off, a mans de tres grupos de teatro de Lugo. A primeira delas terá lugar este domingo, 5 de marzo, ás 18:30 horas no Gustavo Freire, a cargo de Markeliñe Compañía Teatro, que interpretára Quijote, el vértigo de Sancho, unha representación que nos achegará ao universo no que vive Quijote.

As entradas aínda se poden adquirir na web www.entradaslugo.es ata tres horas antes da función, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a XVII Mostra de Teatro Clásico |Descargar mp3

Noticias relacionadas