A Biblioteca Municipal súmase ao certame de debuxo Adopta un animal de Conto para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

Todos os interesados en participar neste concurso deberán presentar os seus traballos antes do día 30 na Biblioteca. Cada premio estará dotado cun diploma e un lote de libros

Martes, 22 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Con ocasión da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o vindeiro 2 de abril, a Biblioteca Municipal de Lugo súmase a iniciativa da Organización Española para El Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e convocou aos seus usuarios e usuarios a participar no concurso de debuxo Adopta un animal de conto.

Neste certame poderán participar todos os lectores e lectoras que cursen primaria ou pirmeiro ciclo de secundaria, que deben facer un debuxo dun animal que teña relevancia nun libro en galego lido polo participantes. Xunto co debuxo, deberase engadir un breve texto explicativo da motivación de escoller dito animal. Cada orixinal deberá ter un formato de 10x10,15 cm e deberá figurar tamén o título do libro, o autor e a editorial, ademais dos datos de identificación dos seus respectivos autores.

Todos os interesados deberán entregar os seus debuxos na Biblioteca Municipal de Lugo antes do 30 de marzo. A Biblioteca seleccionará tres debuxos por cada categoría que enviará a GÁLIX. Cada premio estará dotado cun diploma e un lote de libros.

Máis información na páxina web de Gálix www.galix.org

Noticias relacionadas