A Biblioteca Municipal Isidro Novo ofrece, para maio e xuño, unha nova programación de animación á lectura e contacontos

Inclúe cinco actividades gratuítas dende mañá mércores e ata o 26 de xuño e forma parte do programa Apego que ten como obxectivo promover o uso e lectura da lingua galega entre as cativas e os cativos

A entrada ás actividades, que empezarán ás 18:30 horas, é gratuíta, pero é preciso retirar previamente unha tarxeta de invitación, que estará dispoñible na biblioteca a partir do luns da semana da actuación correspondente

Martes, 07 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Biblioteca Municipal Isidro Novo ofrece, para maio e xuño, unha nova programación de animación á lectura e contacontos

O Concello pon en marcha un novo ciclo de animación á lectura e contacontos na Biblioteca Municipal Isidro Novo, no que poderán participar en total 160 nenos e nenas ata o 26 de xuño. Inclúe cinco actividades gratuítas dende mañá mércores, e forma parte do programa Apego que ten como obxectivo promover o uso e lectura da lingua galega entre as cativas e os cativos.

A  programación é a seguinte:

  • Mércores, 8 de maio: Os contos de Pablísicmo con Contos con ovos; para nenos e nenas a partir de 3 anos. Contos con ovos é un contacontos moi moi redondiño, ou máis ben ovalado, onde os protagonistas son os ovos e o que sae deles. Trátase dun espectáculo de narración oral con adiviñas, xogos de palabras, obxectos e bonecos, cunha duración de 40 minutos.
  • Xoves, 30 de maio: Carlos Coira con Basilicamente. As maravillosas ideas do señor Basilio; para nenas e nenos a partir de 4 anos. Este espectáculo, dunha duración de 50 minutos, versa sobre un bibliotecario que leva libros de aquí para alá e un lector curisoso, que cando se xuntan comeza o xogo da vida. Inclúe poesía, maxia e clown.
  • Mércores, 5 de xuño: Toño Núñez con A gotiña viaxeira. Este contacontos, a partir de 4 anos e cunha duración de 50 minutos, ten preparado un mago de goma, un rato que caza gatos, un esquío que non lle ten medo ao frío, cancións e contos.
  • Xoves, 13 de xuño: Marisa Irimia con A pirata escarlata, para bebés de 0 a 3 anos. Contos, sons e risas para iniciarse no máxico camiño dos relatos e das historias.
  • Mércores, 26 de xuño:  OQO editora con Un oqo para a sopa, a partir de 4 anos. É unha proposta artística e música  onde se recorrerá á plasstica para entre todas as persoas asistentes crar a mellor sopa do mundo.

A entrada a todas as actividades, que empezarán ás 18:30 horas, é gratuíta, pero como a capacidade é limitada, é preciso retirar previamente unha tarxeta de invitación, que estará dispoñible na biblioteca a partir do luns da semana da actuación correspondente. Comezarán a entregarse en horario de tarde, a partir das 16.30h, e por estricta orde de chegada, cun máximo de dúas invitacións por persoa.

Noticias relacionadas