A Biblioteca Municipal estrea o seu club de lectura

Esta iniciativa axudará a dinamizar a vida da biblioteca e supón unha interesante alternativa para o tempo de lecer da veciñanza, que atopará neste club unha oportunidade para crear lazos de convivencia. Será pois un espazo de imaxinación, descubrimento e amizade

O prazo para inscribirse remata o vindeiro mércores e pódese facer ben presencialmente nas instalacións municipais ou en bibliotecamunicipal@concellodelugo.org

Martes, 20 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Biblioteca Municipal estrea o seu club de lectura

A Biblioteca Municipal estrea o seu propio club de lectura.  Así o a deu a coñecer a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen subliñou que se trata dunha actividade aberta e gratuíta para persoas adultas, dirixida a todos aqueles veciños e veciñas que gozan coa lectura e desexen compartir a súa experiencia e impresións con outros lectores e lectoras.

Basadre puxo en valor esta iniciativa que axudará a dinamizar a vida da biblioteca e que supón unha interesante alternativa para o tempo de lecer da veciñanza, que atopará neste club unha oportunidade para crear lazos de convivencia. Será pois un espazo de imaxinación, descubrimento e amizade.

A biblioteca prestará un exemplar a cada membro do grupo e organizaranse dúas reunións mensuais para comentar o lido coa axuda dunha persoa coordinadora.

Os medios para inscribirse neste club de lectura son dous: ben presencialmente nas instalacións municipais, en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, ou a través do enderezo electrónico bibliotecamunicipal@concellodelugo.org. O prazo remata o vindeiro mércores, 28 de marzo. 

Noticias relacionadas