A Biblioteca Municipal acolle este xoves o contacontos "Merendas con pan de millo"

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que este xoves 14 de maio ás 18.30 horas terá lugar o contacontos Merendas con pan de millo dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos e posto en marcha por Migallas Teatro

Martes, 12 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Merendas con pan de millo combina cancións e narración oral co proceso de elaboración do pan de millo como fio conductor. Durante a actividade interpretaranse varios temas musicais con voces solistas en directo e a música grabada (por unha banda de pulgas).

A actividade terá lugar na Biblioteca Municipal e poderanse retirar as invitacións gratuitas ata o propio evento.

Noticias relacionadas