A Biblioteca Municipal acolle este mércores un contacontos sobre a importancia do leite en Galicia

Será a partir  das 12:00 horas. A actividade, de asistencia libre e gratuíta, está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos

Domingo, 30 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Biblioteca Municipal acolle este mércores un contacontos sobre a importancia do leite en Galicia

A Biblioteca Municipal acolle este mércores, 2 de agosto, a partir das 12:00 horas, un contacontos ilustrado, seguido dun taller de debuxo, que versa sobre a importancia do leite en Galicia dende un punto de vista social, económico e cultural. O Concello de Lugo colaobora con esta actividade de Polo Correo do Vento, patrocinada por Clesa, no que se lle achegará aos máis cativos da casa o ciclo do leite e a importancia da súa calidade, así como a súa trazabilidade.

A actividade, de asistencia libre e gratuíta ata completar aforo, está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos de idade.

Trátase esta dunha alternativa lúdica máis para os cativos e cativas, coa que se fomenta ademais a importancia dun sector tan importante para o municipio de Lugo, a provincia e a comunidade, como é o sector lácteo.

Noticias relacionadas