Benestar Social manten a canle de youtube de actividades aos maiores de Lugo durante o mes de xuño

Os contidos da canle ‘Acompañámoste’ pretende que a maior parte das actividades que estaban a realizar os usuarios e usuarias nos Centros de Convivencia de maneira presencial se sigan a facer de forma telemática  a través do seguinte enlace: https://www.youtube.com/channel/UC7fT7iuWxe8rYcQ4V-41ifw

Xoves, 04 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar Social manten a canle de youtube de actividades aos maiores de Lugo durante o mes de xuño

Inclúe actividades físicas, de expresión corporal e plástica, alfabetización dixital, de estimulación cognitiva e de educación compensatoria, entre outras

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, lembra que segue a disposición das persoas maiores de Lugo a canle ‘Acompañámoste – Actividades Centros de Convivencia’ en youtube durante o mes de xuño. A canle está aberta a todo o público, co fin de que a maior parte das actividades que estaban a realizar os usuarios e usuarias nos Centros de Convivencia de maneira presencial se sigan a facer de forma telemática “ A través dun enlace de acceso aos contados, todos eles en alta calidade publicados en youtube” explica Olga López, concelleira responsable da área.

A duración dos vídeos varía en función da actividade a levar a cabo e todas as semanas a canle se renova con novo material, segundo as necesidades e demandas dos usuarios dando prioridade ás tipoloxías de:

  • Actividades físicas: Destinadas a ofertar unha alternativa para combater o sedentarismo consecuencia da situación actual de confinamento dende a seguridade do fogar. Dentro deste área, impartiranse diferentes actividades entre as que se atopan clase de pilates, aerobic latino, bioximnasia ou diferentes niveis de ximnasia de mantemento orientadas tanto aos colectivos máis desenvoltos como aos grupos de persoas con máis diversidade funcional.
  • Actividades de expresión corporal: Combinan o carácter recreativo co exercicio físico moderado. Pretenden ser unha alternativa de ocio e desfrute para practicar individualmente ou en parella durante o confinamento. Nesta área temos clases de bailes latinos e bailes de salón.
  • Actividades expresión plástica: Pretenden brindar á cidadanía unha oferta de actividades plásticas e de expresión artística pensadas para poder ser desenvoltas con materiais sinxelos e que podamos atopar nos fogares. A programación inclúe un obradoiro de fotografía con smartphone, un obradoiro de decoupage non que as persoas que o sigan aprenderán a decorar obxectos domésticos con esta técnica para darlles unha segunda vida, clases de pintura ao óleo, un obradoiro de pasta de papel no que se ensinará a facer diferentes elementos decorativos para o fogar ou obradoiros de traballos manuais nos que se introducirán diferentes técnicas plásticas.
  • Área de alfabetización dixital: Obradoiro de iniciación ás novas tecnoloxías orientado a estreitar a fenda dixital existente na poboación de maior idade. Neste taller as persoas participantes familiarizaranse cos recursos que as novas tecnoloxías brindan de cara a mellorar o  seu día a día.
  • Actividades de estimulación cognitiva: Procurando non romper co traballo que se ven facendo na rede de Centros de Convivencia Municipais, pola saúde cognitiva das persoas maiores, ofreceranse unha serie de obradoiros de traballo online con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a mente e a memoria. Estas propostas adaptadas en diferentes niveis serán as que se traballen nas clases de memoria e envellecemento activo.
  • Educación compensatoria: Obradoiros de apoio escolar, castelán para estranxeiros ou coñecementos socioculturais de España a través dos que o alumnado poderá seguir avanzando nos seus contidos educativos por medio das propostas didácticas que as educadoras do programa lles realicen.
  • Outras habilidades: Obradoiros destinados a desenvolver diferentes capacidades entre as que se atopan os talleres de hortas e xardíns de balcón no que o alumnado coñecerá como instalar e atender pequenos hortos nos balcóns das casas; ou o obradoiro de estratexias emocionais para o confinamento, actividade que procura achegar recursos e técnicas que nos axuden a acadar unha xestión emocional eficiente durante o confinamento.

Noticias relacionadas