Benestar reforza polo COVID 19 o Fogar do Transeúnte para atender a un maior número de persoas vulnerables

A concelleria de Benestar, Olga López, fixa como obxectivo atender a demanda de xantar e tamén de pernocta para “que non teñan que transitar polas rúas”

Domingo, 15 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores do Concello de Lugo reforzará a asistencia do Fogar do Transeúnte para poder atender a un maior número de persoas vulnerables ante a situación de crisis sanitaria provocada polo coronavirus COVID 19.

O obxectivo do Goberno de Lara Méndez é, segundo avanzou a edil responsable, Olga López, que ninguén dos usuarios habituais e dos novos casos que se poidan dar queden sen xantar e para iso estableceranse quendas de xeito que non estean xuntas máis de 20 persoas en cada unha delas.

Outro dos fins que se persegue con este reforzo e procurar reter a aquelas persoas sen recursos que non teñen onde pernoctar. “Debemos procurar que queden no centro e que nos transiten polas rúas e evitar así un posible contaxio, porque moitas delas son colectivos de risco”, sostivo Olga López. Para iso, a concellaría habilitará novos espazos con camas a medida que xurda a demanda.

Audio

  • A concelleira de Benestar, Inclusión e Maiores, Olga López, sobre o reforzo polo COVID 19 no Fogar do Transeúnte | Descargar mp3

Noticias relacionadas