Benestar reformará o Fogar do Transeúnte ante a situación post Covid-19 ampliando prazas e espazos

O executivo de Lara Méndez avanza na adxudicación para a execución de obras do Fogar do Transeúnte, por un importe conxunto de 39.000€
 
A edil subliñou que , “o Concello de Lugo aposta polas políticas de Benestar Social, coa finalidade de dignificar o Fogar do Transeúnte e de ofrecer unha maior calidade de vida aos seus usuarios”
 
O centro, que se ubica na rúa Deputación, disporá con esta reforma de de 28 prazas para dormir

Venres, 24 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar reformará o Fogar do Transeúnte ante a situación post Covid-19 ampliando prazas e espazos

O executivo de Lara Méndez avanza na adxudicación para a execución de obras do Fogar do Transeúnte, por un importe conxunto de 39.000€. O centro, que se ubica na rúa Deputación, disporá con esta reforma de de 28 prazas para dormir.

“Con esta mellora, o Fogar do Transeúnte ampliará o aforo e dará cabida aos usuarios coas garantías de protección e os espazos de seguridade necesarios” declarou Olga López, concelleira de Benestar, Inclusión e Maiores do Concello de Lugo, lembrando que no pasado mes de marzo cando se decretou o estado de alarma o Concello tivo que habilitar o pavillón municipal de Deportes, para acoller ás persoas sen teito, como reforzo e medida social para satisfacer as necesidades materiais e de convivencia daquelas persoas que se enfrontaban ás medidas de illamento decretadas e que tiñan menos recursos para superar a situación de risco.

A edil subliñou que, “o obxectivo do Goberno de Lara Méndez é apostar polas políticas de Benestar Social, coa finalidade de dignificar o Fogar do Transeúnte e de ofrecer unha maior calidade de vida aos seus usuarios”.

A edil puxo en valor o “gran labor” que realizan os traballadores do centro, ofrecendo a persoas sen fogar e sen recursos non soamente servizos de aloxamento e manutención senón tamén cariño e acollida.

As melloras acometidas

As obras, cun orzamento de 39.000 euros, dotaran  en primeiro lugar de comunicar o acceso actual da planta primeira  coa planta baixa mediante a demolición do tabique de separación (que actualmente aparece tapiado) entre o comedor principal e a caixa de  escaleiras do edificio.

Na planta primeira óptase pola execución dunha unidade hixiénica completa composta por un inodoro e unha ducha e outra unidade hixiénica composta unicamente por un inodoro, a ambas estancias se accede a través dun espazo no que se colocarán dous lavabos.

Prevese a colocación dun pavimento novo no conxunto da planta primeira.

Decidese intervir a maiores, na actual dependencia adicada a Sala de estar instalando unha unidade hixiénica con dou inodoros, dúas duchas e dous lavabos; e de igual xeito se realiza un cuarto para a lavandería do Fogar do Transeúnte trasladándoa da súa ubicación actual na que comparte espazo coa sala de calefacción do edificio.

Prevese o pintado completo da planta alta, incluída a caixa da escaleira así como o pintado completo da planta baixa salvo as seguintes dependencias: O almacén, os baños non afectados polas obras, a cociña e o cuarto de calefacción. A cor dos paramentos verticais será en gris perla a definir en obra, os teitos en branco e as carpinterías e portas en branco. Os zócalos serán pintados en cor branco.

Execución dun novo tabique divisorio na planta alta co fin de dividir unha estancia en dúas, trátase da antiga sala adicada a ximnasio, para o que será necesario o levantado da tarima de madeira existente e o peche dunha das portas centrais de acceso a esta sala.

Co fin de adaptar certas estancias e as unidades hixiénicas á normativa de accesibilidade, considérase necesario proceder ao cambio de portas así como ampliación dos ocos destas, as novas follas deberán ter un paso mínimo de 80 cm. afectando a estancias da planta baixa, de dous dormitorios e dous aseos e na planta alta en dous aseos

Deberá adaptarse a instalación eléctrica aos novos espazos, para o que será necesario o conexionado das novas unidades hixiénicas así como dos novos dormitorios e a lavandería, xa que deberán ter instalacións de alumeado segundo a nova distribución de espazos, ubicando os mecanismos nos puntos de acceso ás estancias, tal e como se sinala na documentación gráfica.

Atención primaria

As atencións realizadas céntranse en emerxencia social, axuda no fogar, centros de día, comida no fogar, axudas vivenda, erradicación do chabolismo, absentismo escolar ou axudas a inmigrantes, entre outros.

O Fogar do Transeúnte ofrece almorzos, comidas, cenas e cama. O centro, que se ubica na rúa Deputación, disporá con esta reforma de de 28 prazas para dormir.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o Fogar do Transeunte | Descargar mp3

Noticias relacionadas