Benestar recupera o programa ‘Lugo móvese cos maiores’, pensado para atender demandas e necesidades do colectivo adulto

As actividades na rúa arrincaron esta semana e desenvolveranse ata o 2 de setembro, de luns a xoves, das 17:30 ás 18:30 horas.

Impartiranse os luns e mércores na Praza do Castiñeiro, Praza Viana do Castelo, Praza de Augas Férreas, Parque da Avenida das Américas e Praza de Santa María.

Os martes e xoves terán lugar na Praza das Illas, na Praciña da Igrexa, Praza Roxa, Praza da Milagrosa e na Praza do Camiño Primitivo.

Luns, 02 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar recupera o programa ‘Lugo móvese cos maiores’, pensado para atender demandas e necesidades do colectivo adulto

O goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, leva de novo ás prazas da cidade o programa de envellecemento activo ‘Lugo móvese cos maiores’ “por segundo ano consecutivo tras o éxito do pasado 2021” apuntaba a rexedora ao tempo que animou á participación durante esta nova edición. 

‘Lugo móvese cos maiores’ é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, onde se levan a cabo actividades pensadas para atender demandas e necesidades, tanto físicas como emocionais deste colectivo adulto. Máis de 800 persoas gozaron desta programación na pasada edición

“A programación busca implicar de forma activa ás persoas maiores para contribuír á mellora do seu benestar físico, psíquico e social, uns obxectivos que se reforzaron por mor da pandemia por Covid-19” sinalou a rexedora. Neste senso, animou a participar e a realizar exercicio físico, de forma grupal e segura, fomentando así a socialización entre a poboación maior de 65 anos dunha maneira saudable un ano máis.

Estas actividades desenvolveranse ata o 2 de setembro, de luns a xoves, das 17:30 ás 18:30 horas nas seguintes prazas:

Martes e Xoves

  • Praza das Illas (Montirón)
  • Praciña da Igrexa (Sagrado Corazón)
  • Praza Roxa (Fingoi)
  • Praza da Milagrosa
  • Praza do Camiño Primitivo (Fontiñas)

Luns e Mércores

  • Praza do Castiñeiro (Lamas de Prado)
  • Praza Viana do Castelo (Piringalla)
  • Praza de Augas Férreas
  • Parque da Avenida das Américas
  • Praza de Santa María
 

Noticias relacionadas