Bando da Alcaldía - Normas fogueiras de "San Xoán" (LUME NOVO)

Martes, 12 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

1- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou productos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

2- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

3- O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira han de retirar do lugar de celebración tódolos restos que queden unha vez rematada a queima.

4- En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servicio de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira.

5- As solicitudes para obter o permiso para a queima faranse nos impresos que están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local.

As 13:00 horas do día vinte e dous de xuño de 2012 finaliza o prazo de presentación de instancias.

Máis información na Sede Electrónica.

Noticias relacionadas