A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia achegará a súa xira Sons de Gallaecia a Lugo este domingo

Carmen Basadre, Manuel Núñez, Carlos Méndez, Carlos Diéguez e David Llano presentaron este encontro, que acollerá o auditorio municipal Gustavo Freire a partir das 20:00 horas

Martes, 01 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia achegará a súa xira Sons de Gallaecia a Lugo este domingo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o edil de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, o director da Escola Municipal de Música de Lugo, Carlos Méndez, e os directores artístico e musical da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, Carlos Diéguez e David Llano, respectivamente, presentaron este martes, no Vello Cárcere, a xira desta formación, Sons de Gallaecia, que acollerá o Auditorio Municipal Gustavo Freire o vindeiro domingo, 6 de agosto, a partir das 20:00 horas. Ao acto tamén asistiu a rexedora de Mondoñedo, Elena Candia, e a Concelleira de Educación de Vilalba, Patricia Teijeiro, lugares onde realizará esta semana unha parada esta xira, así como a xefa do servizo de coordinación da área cultural da Xunta de Galicia en Lugo, María José Gómez.

No acto, Basadre e Núñez amosaron o seu orgullo porque a cidade acolla este encontro, que usa á banda como ferramenta fomativa e de unión ente os novos músicos galegos procedentes de diferentes espazos e ámbitos educativos e culturais como conservatorios, escolas de música ou bandas populares. Ao longo da presentación, Diéguez e Llano entregaron unha partitura conmemorativa ao director da Escola de Música de Lugo en recoñecemento á súa colaboración e o seu interese por este evento.

Nesta xira soarán obras de compositores como o mindoniense Pascual Veiga, así como pezas como o himno rexional galego, co que se conmemora o 110 aniversario da súa estrea e centenario do pasamento de Eduardo Pondal, Alborada Galega, de Xoán Montes e A Fiada, a xota galega de José Antonio Lodeiro Piñeiroa, entre outras composicións. Ademais, para esta xira, os Sons de Gallaecia redescubrirán a Banda Sonora da Mulla de Lugo coa obra O Anel de Pedra, cedida por Abraham Cupeiro ao Concello, onde por primeira vez, a nivel mundial, soarán cunha banda os seguintes instrumentos de vento: a frauta de óso, o aulos, o cornu romano e o karnyk celta.

Multimedia

  • A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia achegará a súa xira Sons de Gallaecia a Lugo este domingo

Noticias relacionadas