A Banda municipal ofrecerá un concerto mañá para festexar o 25 de xullo

Xoves, 24 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza para mañá, venres, día 25 de xullo, un concerto da Banda Municipal de Lugo, con motivo da festa do Apóstolo Santiago.

A Banda ofrecerá o concerto ás 12.30 horas, na praza Maior, dirixida por Rosendo Ivorra Jover e no que actuará como solista o gaiteio Julián Villamar Regueiro. O programa está formado polas seguintes composicións:

-  Lugo Ferrol (pasodobre), Baudot
-  A lenda de Montelongo (suitte galega), Bernardo del Río
-  Maruxiña (muiñeira), José Iglesias Ramilo
-  Banda galega (pasodobre), F. Pérez Seara
-  Alborada galega (alborada), Carricoba
-  Airiños aires (rapsodia galega), Gustavo Freire
-  Churrusqueira (xota galega), E.García Rey
-  Os tres galeguiños (pasodobre), Mestres Groba

Noticias relacionadas