A Banda municipal festexa o Día das Letras Galegas con un concerto

Venres, 16 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza este sábado un concerto da Banda Municipal de Lugo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

O concerto, dirixido por Rosendo Ivorra Jover e no que actuará como gaita solista Julián Villamor Regueiro, terá lugar ás 12.00 horas, na praza de Maior, dacordo co seguinte programa:

- Os labregos, de J. Carracedo
- Algueirada galega, de Faustino del Río
- Ferreira de Pallares, de V. Carricoba
- A miña aldea, de Miguel Groba
- Muiñeira de Montes
- Muiñeira do quinteto, Arr. Aquilino Piñeiro
- Viño de Amandi, de Felisindo
- Lugo en festas, de Ricardo Dorado

Noticias relacionadas