A Banda municipal actúa mañá no parque da Milagrosa

Mércores, 16 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza este xoves, día 17 de xullo, un concerto da Banda Municipal de Lugo que se celebrará no parque da Milagrosa.

A Banda actuará ás 19.30 horas, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e interpretará un programa que inclúe as seguintes composicións:

-  Gallito (pasodobre) S.Lope
-  En forma (fox-bugui), Andy Razaf e Joe Garland
-  Danse Macabre (poëme symphonique), Saint Saëns
-  María Cristina (guaracha), Ñico Saquito
-  Highlights F. Harry Potter, John Williams
-  Pasodoble te quiero (pasodobre), G.E.M. Monreal
-  Los cuentos de Hoffmann (barcarola), J. Offenbach
-  Islas Canarias (pasodobre), J. Mª Tarridas

O próximo concerto será o día 25 de xullo, ás 12.30 na praza Maior.

Noticias relacionadas