A Banda Municipal abre este domingo o seu programa de concertos de Nadal

Venres, 13 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que a Banda municipal de Lugo comezará este domingo a súa programación de concertos de Nadal.

O primeiro concerto de Nadal da Banda terá lugar o día 15, ás 12.30 horas, na Praza Maior.

O mércores, día 18, ás 11.15 horas a Banda actuará na Residencia de San Roque.

O venres, día 20, a Banda actuará acompañada do Orfeón lucense na Igrexa A Nova, ás 20.30 horas.

Xa no mes de xaneiro, a Banda participará na Cabalgata de Reis e o último concerto desta programación de Nadal terá lugar o día 19 de xaneiro.

O programa está formado polas seguintes obras: Gallito (pasodobre), de Lope; Camiño Verde (bolero), de Carmelo Larrea; Se vas a Calatayud (pasodobre), de Valverde e Zarzoso; México (corrido), de Francis López; Madrid (chotis), de Agustín Lara; Caraveliños (valse), de García Segura; Os nardos (pasarrúas), de Alonso; Nabucco (va, pensiero...), de Verdi; Eine Kleine (serenata), de Mozart co clarinetista solista Víctor Manuel González; 1492 The conquest of paradise, de Vangelis, e a panxoliña Ding, Dang, Dong, de Arr. Saavedra.

Noticias relacionadas