A Banda Infantil realiza un ensaio aberto na Praza Maior dentro do Ciclo Lugo Ten Música

Manuel Núñez asistiu a esta actuación organizado polo Concello, en colaboración coa Escola Municipal de Música de Lugo e a Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música de Lugo

Luns, 24 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Banda Infantil realiza un ensaio aberto na Praza Maior dentro do Ciclo Lugo Ten Música

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, asistiu este luns na Praza Maior ao ensaio aberto da Banda Infantil, dentro das actuacións do Ciclo Lugo Ten Música, organizado polo Concello, en colaboración coa Escola Municipal de Música de Lugo e a Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música de Lugo.

 Mañá, martes 25, haberá clases abertas ao público de Pito Pastoril Galego na rúa, que terán lugar na Praza da Soidade, dende as 16:00 ata as 19:30 horas. Ese mesmo día tamén se realizará un ensaio aberto ao público do Grupo Didáctico de Pito Galego, na Praza da Soidade, ás 19:30 horas.

A última actuación deste mes será a da Big Band da Escola Municipal de Música de Lugo e Young Murajazz Big Band, que ofrecerán un concerto o domingo 30, na Praza de España de Rábade, ás 12:00 horas.

Noticias relacionadas