Bajo la lluvia, o seguinte título do ciclo de cine Videoforum xuvenil

Mércores, 20 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá xoves, 21 de agosto, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.

Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Bajo la lluvia.

A película conta como xusto antes de morrer, Chris Kirby pídelle ao seu mellor amigo, Adam Black, que saque a súa filla do orfanato onde se criou. Adam, un home envolto no oscuro mundo do xogo ilegal, decide adoptar como afillada a Evelyn, darlle unha educación e cubrir todas as súas necesidades materias.

O director, Lewis Milestone, realizou con destreza este pequeno gran exercicio sobre as crenzas humanas en plena depresión. Sobre esas debilidades que buscan excusa ou alivio tras a consumación do feito e que deixa todo dogma na ambigüedade que non deixa de ser.

A protagonista simboliza a perversión, a luxuria, a debilidade, o goce. Black é o moralista implacable, o xuíz bipolar, o reprimido que sufrirá facendo sufrir. Nesta loita non so se dilucida o posicionamiento vital de cada un, presenta unha fraxilidade e desamparo do individuo rebelde e librepensador fronte as lexións de aliñados por esas relixións e discursos que prometen a felicidade ao redimido.

Noticias relacionadas